jueves, 3 de diciembre de 2009

Puntuación dos comentarios de historia CIUGA

Os Grupos de Traballo de Historia da Filosofía e de Historia de España para as Probas de Acceso ás Universidades en Galicia comunican ao profesorado de bacharelato:

Que se ten establecido un novo marco legal, derivado da plena implantación da Lei Orgánica de Educación (LOE), que modifica parcialmente tanto os currículos de ambas as materias (con cambios máis relevantes no caso da Filosofía) como os procedementos de acceso ás universidades.
Que se mantén a opcionalidade para o alumnado entre Historia e Filosofía, dentro da parte xeral ou común da proba de acceso á Universidade.
Que os exames de ambas as materias deben responder a contidos establecidos nos respectivos currículos, aínda que non son exames terminais para obter o título da bacharelato senón que, baixo a responsabilidade do Sistema Universitario de Galicia, terán a finalidade de comprobar as competencias e as capacidades para poder acceder aos estudos universitarios
Que para constatar de maneira equitativa a madureza do alumnado, é aconsellable que os exames de ambas as materias teñan un carácter similar, tanto na súa estrutura como nos criterios de avaliación.
Que o R.D. 1892/2008 (BOE 24 novembro 2008) determina que o alumnado responda a unha “serie de cuestiones adecuadas al tipo de conocimientos y capacidades que deban ser evaluadas”.
Que a experiencia mostra que as probas baseadas en preguntas pechadas inducen a reproducir contidos máis ou menos memorizados e non a manifestar a capacidade de comprensión, razoamento e expresión, compoñentes fundamentais da madureza intelectual.
Que con estas probas non se buscará comprobar a capacidade de memorización do alumnado (repetición mecánica de contidos), senón sobre todo a súa capacidade de compresión e interpretación de documentos, de aplicar e reestruturar os seus coñecementos nunha síntese escrita persoal; e de establecer relacións entre informacións, datos, teorías ou acontecementos.
Que para mellor axeitarse a esta finalidade, na proba de Filosofía e na de Historia solicitarase do alumnado que realice unha redacción, composición ou exposición única a partir dun ou varios documentos de carácter filosófico ou histórico, segundo o caso.
Que para facilitar o seu desenvolvemento para o alumnado, eses documentos irán precedidos dunha introdución na que se oriente por medio de ítems ou pautas concretas as cuestións máis importantes que os e as estudantes deben ter en conta na redacción, pero sen perder o carácter global da proba.
Que a avaliación da proba será global, sen que a cualificación corresponda necesariamente á ponderación de cada unha das pautas ou ítems que se indiquen no preámbulo, senón
Ao conxunto de coñecementos que manifeste, para o que se terá en conta se responde correctamente ao tema e orientacións formuladas, que serán conformes con contidos establecidos nos currículos das respectivas materias en 2º curso de bacharelato.
Ás calidades formais da exposición: claridade expositiva, capacidade crítica, rigor conceptual e, en xeral, á maior ou menor madureza intelectual que a composición ou comentario deixe translucir, polo que se penalizarán as incorreccións gramaticais e ortográficas.
A modo de exemplo, sen que se trate dunha proposta ríxida e aplicable mecanicamente en todos e cada un dos casos, a cualificación dos exames poderá realizarse conforme as seguintes pautas:


Filosofía
Historia

Puntuación

Comprensión
Sinalar as propostas, teses, problemas… fundamentais do texto
Liñas principais do pensamento do autor
Relacionar o contido do texto coas ideas principais do autor
Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual
Identificar e explicar o problema histórico que mostren os documentos
Evolución histórica do problema formulado; precisar correctamente o marco cronolóxico (antecedentes, causas, consecuencias, …)
Relacionar correctamente entre eles os documentos que se propoñan
Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual
4

Interpretación e reelaboración persoal
Relación do pensamento do autor e a problemática do texto co marco histórico e intelectual da época
Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual
Relacionar os acontecementos históricos aos que se refiran os documentos co seu contexto histórico (social, político, económico etc. segundo corresponda)
Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual
3

Coñecemento específico
Segundo a temática e as características do texto, propoñer algunha cuestión que o poña en relación expresa con outro(s) punto(s) da temática do curso e/ou suxira algún comentario crítico
Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual
Segundo a natureza do problema histórico formulado, identificar aos protagonistas, ideoloxías, cambio e continuidade…
Capacidade do alumno ou alumna para realizar unha redacción clara, coherente e con rigor conceptual
3


Este cadro, como se indica, ten un carácter meramente orientativo. En cada exame estableceranse criterios concretos de avaliación para os correctores, que serán públicos.